ConcellosÚltima hora

Quiroga conmemora o Día da Muller

Obradoiros de igualdade ou unha cea de confraternidade foron algunhas das actividades promovidas en torno a esta data
Grupo de mulleres asistentes á II Cea de Confraternidade de Mulleres da Comarca de Quiroga./ Foto: Concello de Quiroga.
Grupo de mulleres asistentes á II Cea de Confraternidade de Mulleres da Comarca de Quiroga./ Foto: Concello de Quiroga.

Coa II Cea de Confraternidade de Mulleres da Comarca de Quiroga, organizada polo Centro de Información á Muller (CIM) e coa colaboración da Asociación de Mulleres San Martiño, comezaba o día 7 de marzo o conxunto de actividades promovidas nesta zona lucense para celebrar o Día Internacional da Muller Traballadora. Neste encontro participaban máis dunha trintena de mulleres.

Aproveitando a ocasión a concelleira de Igualdade, Ana Núñez, realizaba unha breve intervención en torno ao significado do 8 de marzo e animaba ás asistentes a continuar reivindicando os dereitos das mulleres. Ao finalizar a cea as mulleres que así o desexaron fixerónse fotos nun Photo Call deseñado para a ocasión, con mensaxes en torno a igualdade de xénero.

Ademais, este luns 9 de marzo, o personal do CIM de Quiroga desenvolverá obradoiros no CEIP de Quiroga en torno á igualdade. Están destinados a todos os cursos de Educación Primaria e aproximarán aos mais pequenos e pequenas ao concepto de igualdade a través de Contacontos.

Estes actos foron organizados dende a Concellaria de Educación, Benestar e Igualdade do Concello de Quiroga, a través do CIM.

As tres concelleiras mulleres da Corporación Municipal de Quiroga:  Ana Núñez García, Concelleira de Educación, Benestar e Igualdade; Mª Dolores Sánchez Durán, Concelleira de Cultura, e Rosa Arza Rodríguez, Concelleira de Xuventude./ Foto: Concello de Quiroga.

Artigos relacionados

Back to top button