EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Quiroga convoca o I Concurso de debuxo infantil da súa feira do viño

A entrega dos premios aos gañadores (tres por cada categoría) terá lugar o domingo 4 de abril, dentro dos actos en lembranza desta mostra vitivinícola

 

O Concello de Quiroga vén de poñer en marcha o primeiro concurso de debuxo sobre a Feira do Viño de Quiroga para nenos e nenas de 3 a 12 anos. “Os traballos en tamaño folio A4 poderanse realizar en calquera medio plástico: lapis, tinta, acuarela, acrílico, óleo, collage, gravado ou mixto. O tema versará sobre a Feira do Viño de Quiroga”, tal e como se informa dende esta administración local.

Neste concurso hai tres categorías para o concurso: a Categoría A para os participantes de 3 a 5 anos, B para participantes de 6 a 8 anos e categoría C para os participantes de 9 a 12 anos.

Os debuxos terán que presentarse na Casa da Cultura a partir do vindeiro luns e antes do 31 de marzo. Entregaranse dentro dun sobre pechado no que se incluirán os datos do autor.

A entrega dos premios aos gañadores deste certame, tres por cada categoría, farase o domingo 4 de abril, dentro dos actos en lembranza da Feira do Viño.

Artigos relacionados

Back to top button