ConcellosQuirogaÚltima hora

Quiroga destinará 241.248 euros a mellorar infraestruturas básicas do municipio

Así se vén de aprobar na xunta de goberno local deste concello

Exterior da Casa do Concello de Quiroga.

 

Dende o Concello de Quiroga destinaranse 241.248 euros a realizar actuacións de conservación de infraestruturas básicas do municipio. Así o vén de aprobar a súa xunta de goberno municipal. A maior parte deste orzamento corresponde ao Plan Único da Deputación Provincial de Lugo (193.156 euros) aínda que o Concello tamén disporá de fondos propios.

Ese investimento irá dirixido a realizar melloras hidráulicas nos núcleos de Quiroga, Paradaseca, Bendilló, Campos de Vila, Vilañán e Vieiros; rexeneración e asfaltado dos accesos de Pacios á Ermida, a Outeiro, das Farrapas a Bendilló, a Bendilló e a Santa Cubicia; a reparación e o formigonado de camiños en rúas en Quiroga, Os Novaes, Bendollo, Carballo, San Cristobo, Vilarbacú e Aldea; así como á primeira fase da ampliación do museo etnográfico serán os destinos deste orzamento que terá que ser realizado ao longo deste 2020, tal e como informa o Concello de Quiroga.

Tamén se realizará o acondicionamento e mellora da práctica totalidade da rede viaria local. Estes traballos consistirán no roce en ambas as dúas marxes dos accesos e naqueles tramos máis deteriorados levaranse a cabo traballos de varrido de firme ou de bacheo.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close