ConcellosQuirogaÚltima hora

Quiroga disporá dun punto de recarga de vehículos eléctricos

Fachada da Casa do Concello de Quiroga.

 

Quiroga contará en breve cun punto de recarga semirrápida de vehículos eléctricos. O Concello de Quiroga solicitou a unha empresa distribuidora a instalación dun punto de subministro en baixa tensión independente de 88 kw de potencia. Este punto de recarga semirrápida contará con dúas prazas de uso simultáneo de 22 kw de potencia por cada toma e colocarase na rúa Real, á altura da marquesiña de autobuses.

“Este punto permitirá a carga dun vehículo eléctrico en corrente alterna mediante unha conexión de tipo 2 ou MENNEKES, o conector actualmente homologado como standard en Europa. A súa utilización e o pago das recargas xestionarase a través da tarxeta SMART MOBILITY ou dunha aplicación móbil (Recarga Pública Iberdrola) que permitirá incluso reservar a hora na que se quere realizar a recarga”, segundo informa o Concello de Quiroga.

Ademais, dende esta administración local indícase que os vehículos eléctricos “reducen substancialmente el ruído, o dióxido de nitróxeno e a contaminación por partículas, teñen cero emisións no tubo de escape e poden facerse libres de CO2. Por estas razóns é polo que, seguindo as recomendacións da Unión Europea, en España a partir do 2040 deixarán de venderse vehículos de gasoil ou gasolina para que a partir do 2050 o parque de turismos e vehículos comerciais lixeiros será unicamente eléctrico”.

Artigos relacionados

Back to top button