EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Quiroga non celebrará este ano a súa tradicional Feira do Viño

"É imposible pensar en poder facer un evento deste tipo, onde se aglomeran un gran número de persoas, o cal impediría respectar as medidas de seguridade que nos marcan", sinala o alcalde

Imaxe da pasada edición da Feira do Viño de Quiroga./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A 38ª edición da Feira do Viño de Quiroga terá que esperar ata o 2021. Esta tradicional mostra, que se acostuma organizar cada ano durante a Semana Santa, mudaba inicialmente a súa data neste 2020 para situarse no mes de xullo, debido á crise sanitaria do coronavirus.

Agora o Concello de Quiroga vén de anunciar que, finalmente, non poderá celebrar a súa Feira do Viño na data para a que se aprazou nun principio, os días 25 e 26 de xullo. Segundo o alcalde quirogués, Julio Álvarez, “é imposible pensar en poder facer un evento destas características onde se aglomeran un gran número de persoas, o cal impediría respectar as medidas de seguridade que nos marcan”.

Pero a pesar de ter que retirar do calendario este evento, o Concello de Quiroga lembra que durante os próximos meses este municipio contará cunha “programación lúdica e cultural moi completa e variada, na que se involucraron todos os departamentos municipais, para que todos os veciños e visitantes gocen dun verán diferente”.

Máis información sobre a programación de verán de Quiroga:
https://osil.info/quiroga-presenta-a-sua-programacion-de-veran-que-inclue-as-festas-de-agosto/

Artigos relacionados

Back to top button