O Centro Social da Terceira Idade de Quiroga organiza cinco bingos durante este ano co fin de animar aos seus socios. Así, a primeira tarde que poderán desfrutar da actividade será mañá, martes 30 de xullo, a partires das cinco da tarde. Os participantes poderán cantar tres “mini bingos” e terán como premio produtos alimenticios.
As datas fixadas para as demais sesións de bingo serán o 21 de xullo, o 18 de setembro e o 27 de novembro. Ademais, como remate desta actividade lúdica, o 11 de decembro celebrarase o tradicional bingo de Nadal no que os premios serán cestas de produtos típicos desta celebración.
Dende o Concello explican que “ante a imposibilidade de realizar moitas das actividades habituais no centro por mor das medidas de hixiene recomendadas para evitar o coronavirus, a concellaría do centro optou por outro tipo de xogos permitidos como é o bingo”.