ConcellosÚltima hora

Quiroga pide un carril de desaceleración na N-120 á altura de Augas Mestas

hdr

Neste venres 31 de xaneiro a Xunta de Goberno municipal de Quiroga aprobaba unha solicitude asinada polos veciños das Covas e Parada de Lor para a construción dun desdobramento da N-120 á altura de Augas Mestas.

“A solicitude, que se remitirá á Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento, titular da estrada nacional, pide a construción dun carril de desaceleración dun 15 ou 20 metros para que os usuarios desta estrada poidan xirar á dereita para entrar nestes núcleos sen perigo”, segundo informa o Concello de Quiroga

Ademais esta administración local indica que os veciños poñen a disposición da Dirección Xeral de Estradas un terreo para poder levar a cabo este pequeno desdobramento na marxe dereita da N-120 no km 499. O Concello de Quiroga únese a esta petición presentada por estes veciños coa intención de incrementar a seguridade desta estrada.

Coa mesma intención de incrementar a seguridade, o Concello dirixiuse “en reiteradas ocasións ao Ministerio de Fomento para que proceda ao arranxo dos camiños da súa titularidade que discorren paralelos á N-120. Un deles nas Medas e que da acceso á parte alta deste núcleo; e o outro na vila de Quiroga, o acceso dende a estrada nacional que une a rúa do Pereiro coa rúa Praia”, segundo a administración local quiroguesa, que preside Julio Álvarez.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close