ConcellosÚltima hora

Quiroga pon en marcha un servizo de axuda a domicilio para levar alimentos ou medicamentos aos maiores

Exterior do Concello de Quiroga.

 

Ante as medidas de restrición de movementos debidas á crise do coronavirus, o Concello de Quiroga vén de poñer en marcha un servizo de axuda a domicilio para as persoas da terceira idade que non dispoñan de persoas no seu entorno.

“Mediante este servizo persoal municipal levaralles a persoas maiores ou con incapacidade ata o seu domicilio alimentos de primeira necesidade ou medicamentos”, segundo se informa dende este Concello.

As persoas que precisen deste servizo deberán de chamar ao teléfono da Policía Local 649.81.90.52 ou aos teléfonos do Grupo de Emerxencias 982.42.83.55 e 636.69.35.00

O Concello de Quiroga recórdalle aos veciños que “é moi importante permanecer na casa, salvo desprazamentos de causa maior”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close