ConcellosEn portadaÚltima hora

Quiroga presenta a súa programación de verán, que inclúe as festas de agosto

Actuacións musicais, actividades culturais ou concursos, entre os actos previstos entre xuño e setembro neste municipio

Festas do pasado verán en Quiroga./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Serán moi variadas, pensadas para público familiar e en todas elas cumpriranse as medidas de seguridade e hixiene marcadas polas autoridades sanitarias. O Concello de Quiroga vén de presentar a programación cultural deseñada para este verán polos distintos servizos municipais.

Así dende a Área de xuventude vén de retomarse a concocatoria do Concurso de Fotografía Montañas do Courel. Tamén, igual que en anos anteriores, coa coordinación desta área e organizado pola Xunta de Galicia desenvolverase en Quiroga o Xeocampo de traballo. Este ano no Castro de Penadominga.

A Aula Cemit de Quiroga reanuda a súa actividade ofertando a súas instalacións aos universitarios para a realización de exames nos meses de xuño e xullo, segundo convenio asinado entre AMTEGA e as Universidades de Santiago, Vigo e Coruña e a FEGAMP.

Dende a Área de Igualdade, a través do CIM nos meses de xuño e xullo   odos os luns e xoves está programado Ioga Libre. Tamén se desenvolverá unha xornada de Cata na Adega EDV2015 e xunto coa Área de Deportes organizan rutas de sendeirismo polo Val de Quiroga “Xuntos pero non Revoltos”. Pola súa banda, a Área de Deportes pola súa banda ten prevista a apertura das Piscinas Municipais para o día 27 de xuño e dous Campus deportivos, de Fútbol e Voleibol, no mes de xullo.

O 17 de xullo terá lugar a presentación dos libros O Val de Quiroga e Galiza na saudade do corazón e Da Galiza ao Galeusca de Xosé Estévez. Ademais dende a Área de Cultura desenvolveránse numerosas actividades, dirixidas a público familiar, de distintos ámbitos artísticos:

  • Cine na rúa os días 18 de xullo e 22 de agosto, na praza de España coa proxección de “Alita. Battle Angel” e o estreo da longametraxe galega “María Solinha”.
  • Espectáculo infantil “Fantasía Musical” na Casa da Cultura.
  • Actos de Conmemoración do Día de Galicia.

E tamén se celebrán as festas de Quiroga, previstas dos día 7, 8 e 9 de agosto, coas seguintes actividades:

  • Actuacións de grupos de música tradicional : Ardentía, Grupo de Gaitas o Recanto.
  • Actuacións de música popular: Charanga BB+, Banda de Música de Verín, etc.
  • Espectáculo de Maxia “A Volta a Galicia” do Mago Antón.
  • Espectáculo de Animación de Rúa a cargo de Troula Animación.

O día 10 de agosto, na feira mercado do mes, terá lugar a XXVIII Mostra do Mel coa posta á venda deste produto da comarca.

A Área de Educación ten programado para este verán a realización dos Campamentos de Verán para os meses de xullo e agosto a maiores do Concurso de Debuxo. Pola súa parte o Centro Social programou para estes meses Bingos para os maiores.

Dende o Concello de Quiroga tamén se informa de que este programa será reforzado “coa incorporación de actividades que outras administracións nos oferten a través de programas de colaboración e das que iremos informando puntualmente”.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button