EconomíaEconomíaÚltima hora

Quiroga promociónase en Festur, o Salón Turístico de Galicia

 

Quiroga está representada en Festur dentro do Salón Turístico de Galicia que se celebra na Feira Internacional Semana Verde de Galicia. Esta mañá arrancaba en Silleda esta feira que estará aberta ata este domingo e pola que cada ano pasan miles e miles de visitantes. Coincidindo coa apertura do recinto feiral o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, acudía ata este recinto.

O Concello de Quiroga acudiu cos seus produtos máis destacados: viño, aceite, mel e artesanía, formando parte do stand do “Xeoparque Montañas do Courel. Os sabores das nosas rochas”. Pero estes produtos non son o único que se promociona, os visitantes levarán información de todas as rutas, festas de interese turístico, monumentos, museos,… e todo aquelo do que Quiroga pode presumir.

Así este municipio participa por primeira vez nesta feira que acolle a 34 festas de interese turístico, con recoñecemento de carácter internacional, nacional ou de Galicia, como é o caso da Mostra do Aceite de Quiroga e pola que pasan importantes empresas do sector turístico.

.

Artigos relacionados

Back to top button