ConcellosQuirogaÚltima hora

Quiroga reabre os parques infantís cun servizo de vixilancia de medidas anti-Covid

Un dos parques quirogueses.

 

A partir de mañá quedarán abertos ao público os parques infantís de Quiroga. Pero abrirán “cunha serie de medidas e restricións. Un servizo de voluntariado será o encargado de vixiar que nestes espazos infantís de ocio e diversión se respecten as medidas sanitarias anti-Covid”, tal e como adianta o Concello de Quiroga.

Así dende mañá mércores ata o día 7 de xaneiro, os tres parques desta vila (o parque da Constitución, o parque da Igrexa e o parque da praza España) contarán con servizo de vixilancia no horario que o Concello entende de maior afluencia de usuarios. Este horario será de 12h. a 14h. e de 16h. a 18h. todos os días, incluídos os festivos.

A concelleira de Xuventude, Ana Lucía Nogueira, recalcaba que o cometido dos voluntarios será o de “vixiar o cumprimento das medidas sanitarias como uso de máscaras e distancia social, non o de cuidar aos nenos e nenas nestas instalacións, iso será responsabilidade dos adultos que os acompañen”.

Artigos relacionados

Back to top button