ConcellosQuirogaÚltima hora

Quiroga recibe a visita do director xeral de AGACAL para afondar na consecución da D.O.P para o aceite

Na actualidade trabállase, coa supervisión da AGACAL, nos contidos que permitan demostrar que as características específicas do aceite

O alcade de Quiroga, Julio Álvarez, reuniuse hoxe co director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) para continuar dando pasos na consecución da Denominación de Orixe Protexida (D.O.P) para o aceite de Quiroga.

 

Durante o encontro.

 

Unha D.O.P é un produto que ten un vínculo moi estreito coa zona na que se produce, polo que é preciso demostrar que as súas características son diferentes ás de outros aceites que se producen noutras zonas e que, as mencionadas características, débense á zona xeográfica.

Antes de que a documentación do expediente de tramitación sexa remitida á Unión Europea teñen que estar perfectamente definidos contidos como: nome do produto, descrición, zona xeográfica, elementos que proben que o produto e orixinaria da zona, obtención do produto, vínculo co medio, etc.

Na actualidade trabállase, coa supervisión da AGACAL, nos contidos que permitan demostrar que as características específicas do aceite de Quiroga, que xa conta cunha notable reputación histórica, débense aos factores da zona xeográfica na que se produce.

Artigos relacionados

Back to top button