DeportesÚltima hora

Quiroga renovará o seu campo de fútbol

O Concello vén de chegar a un acordo coa Secretaría Xeral para o Deporte para acometer un proxecto de mellora do campo de San Martiño
O alcalde de Quiroga e o concelleiro de Deportes, co secretario xeral para o Deporte.

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e o concelleiro de deportes, Andrés Novoa, reuníanse na mañá do 16 de abril en Santiago co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, para plantexarlle a renovación do campo de fútbol Quiroga F.C., equipo que vén de ascender a segunda autonómica.

Na xuntanza chegouse a un acordo para dar un primeiro paso nunha importante remodelación do campo San Martiño que se levaría a cabo o vindeiro ano, segundo se informa dende o Concello. “Neste proxecto de mellora incluiríase a remodelación da herba do campo de xogo e cubrir con céspede artificial a parte de terra situada entre os vestiarios para ser utilizada como zona de adestramento. Tamén se proxecta levar a cabo obra de mellora nos actuais vestiarios, os últimos construídos no 2005”, tal e como se indica dende o Concello de Quiroga.

Aínda que con labores de mantemento habitualmente, o campo do San Martiño non acolleu grandes remodelacións dende hai unha década cando se acondicionaron as gradas e se asfaltou o aparcamento. Polo que agora dende o Concello de Quiroga quérese renovar a zona de xogo, xa que o céspede non se levantou dende finais dos anos 90.

 

Artigos relacionados

Back to top button