EconomíaEconomíaÚltima hora

Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso solicitarán un novo taller dual de emprego

Imaxe cedida.

 

O Concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel, traballan na solicitude dun novo taller dual de emprego (SilLor IX). Así se vén de dar a coñecer tras celebrarse a Xunta de Goberno local de Quiroga, que xa aprobou a solicitude da subvención para establecer as normas reguladoras das axudas e subvencións da Consellería de Emprego e Igualdade.

O Concello de Folgoso do Courel sería o encargado de xestionar este novo obradoiro que se centraría na especialidade de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización, e no que participarían 20 alumnos en total.

O Concello de Quiroga tamén aprobou as memorias técnicas dos traballos que levarían a cabo os integrantes deste novo obradoiro de emprego que se centrarían na repavimentación de rúas nos núcleos de a Ribeira, Bendollo, Carballo de Hospital, Castí do Lor e Parteme (26.499 €); na Pavimentación exterior e mellora no centro sociocultural da Ermida (8.470 €); na reconstrución dun muro nun camiño en San Vitoiro (2.904 €); na repavimentación e adecuación de beirarrúas no núcleo de Quiroga (9.075 €); na dotación de mobiliario urbano na nova rúa entre as rúas Tallos e o Cuartel (48.557 €) e na dotación de materiais para a pavimentación desta calzada (48.340 €) e para a dotación de mobiliario urbano na praza pública no entronque da rúa Lago e a rúa Real (23.925 €).

Artigos relacionados

Back to top button