EconomíaEconomíaÚltima hora

Quiroga, Sober, Ribadavia e Chantada, recibirán unha axuda para actuar sobre as ARI

A Xunta repartirá preto de tres millóns de euros a sete concellos

 

 

Quiroga, Sober, Ribadavia e Chantada recibirán unha axuda para actuacións que se realicen nas Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) daqueles concellos que non recibiran financiamento no ano 2018 por non telo solicitado ou, no caso de recibilo, que xa o teñan comprometido.

Ademais destes concellos, tamén están incluídos Vilalba, Viveiro e Vigo. O total das axudas suman 2 882 219, 92 euros; dos que 217 500 euros irán para Quiroga, 196 000 euros para Sober, 350 500 euros para Ribadavia, e 280 973 euros para Chantada.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) comunicará esta semana aos concellos beneficiarios a contía que se lles asignará no reparto correspondente aos obxectivos de 2019, e a continuación, as entidades locais deberán comunicar as actuacións previstas nas súas respectivas ARI, presentando a documentación acreditativa.

Naqueles casos en que dispoñan de máis dunha ARI declarada dentro do seu ámbito municipal, será a propia administración local a encargada de repartir os fondos entre as mesmas. Ademais, os concellos deberán regular tamén os prazos para a presentación de solicitudes por parte dos propietarios de vivendas localizadas dentro destas áreas e que estean interesados na súa rehabilitación.

Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button