ConcellosQuirogaÚltima hora

Quiroga ten oito casos activos de Covid

Rúa Real de Quiroga.

 

Tendencia favorable na evolución do coronavirus en Quiroga. Nestes momentos o municipio lucense rexistra un total de oito casos activos de Covid-19, segundo os datos oficiais dos que dispón o Concello. “Cinco deles son positivos que quedan de hai quince días, cando o municipio chegou a ter trece persoas que deron positivo nas probas PCR. Os outros tres son positivos da última semana. Dende o domingo non se detectou ningún positivo máis aínda que se seguen realizando as PCR a moitos contactos directos. Tampouco ningún dos centros educativos locais ten pechada ningunha aula nestes momentos por orden de Sanidade”, tal e como se informa dende o Concello de Quiroga.

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, fai un chamamento á tranquilidade da cidadanía, pero tamén lembra que aínda que Quiroga está no nivel 0 de alerta no mapa epidemiolóxico da Consellería de Sanidade, “ten que cumpr, igual que toda a comunidade, as limitación que decretou a Xunta para Galicia”.

 

Artigos relacionados

Back to top button