ConcellosQuirogaÚltima hora

Quiroga traballa para facer da aldea de Vieiros un referente turístico e ambiental

O alcalde de Quiroga visitando o núcleo de Vieiros./ Cedida.

 

Dende o Concello de Quiroga estase a traballar na segunda fase da pavimentación do núcleo de Vieiros. Ademais da pavimentación con pedra rústica, realizouse o saneamento e a canalización de augas e electricidade.

Este núcleo, a máis de 900 metros de altitude dentro da parroquia da Seara, estivo practicamente deshabitado nos anos 90, pero agora recuperou algúns veciños que están poñendo en marcha proxectos de rehabilitación.

“Este espírito emprendedor é o que ten que apoiar a administración, como aseguraba o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, na visita a esta obra. O núcleo conta con extraordinarios recursos naturais, como a fervenza de Vieiros, potenciada dende fai anos polo concello cunha ruta que permite contemplar esta espectacular fervenza e o río Selmo.

O goberno local de Quiroga aposta porque este núcleo “poida ser dentro de dous anos un referente turístico e ambiental do Xeoparque Montañas do Courel como xa é a Seara, núcleo moi próximo a Vieiros.

Esta obra, tanto na primeira fase do proxecto como nesta segunda, está enmarcada dentro do Plan Único de Cooperación entre a Deputación Provincial e o Concello de Quiroga.

Artigos relacionados

Back to top button