ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Quiroga vibra ao son da orquestra Panorama

A localidade lucense abría así o programa das festas de verán

O éxito da orquestra Panorama e o público que arrastra está fóra de toda dúbida quedando demostrado unha vez máis en Quiroga, que abría con ela o programa das festas de verán.

Numerosas persoas da localidade lucense e tamén das veciñas comarcas de Valdeorras e Viana asistían ao concerto da orquestra na céntrica rúa quiroguesa.

As festas continuan de cara á fin de semana coa XXVII Mostra do Mel e a Festa da Comunidade terán lugar o día 10 amenizadas polos gaiteiros Os Palletas; e as actuacións de Podium e Atenas o día 11 na festa e verbena; e Samba o día 12 ademais do concerto do grupo de música tradicional Treixadura Gaiteiros. A maiores do Dúo Camelia e a Banda de Música de Chantada.

O programa inclúe actividades deportivas, concursos e animación infantil, xuvenil.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button