ConcellosEntroido 2020Última hora

Quiroga vive o Entroido cun concurrido desfile de comparsas

Máis de duascenteas persoas percorrían a rúa Real na tarde deste domingo 23 de febreiro

 

Máis de 200 persoas, repartidas en dez comparsas e chegadas de toda a comarca, enchían na tarde deste domingo 23 de febreiro a rúa Real de cor e fantasía, no Desfile de Entroido 2020 de Quiroga.

As boas temperaturas acompañaron á comitiva así como ao numeroso público que agardaba o seu paso, moitos disfrazados, entre eles o alcalde de Quiroga Julio Álvarez, a Senadora quiroguesa Rosa Arza e algúns concelleiros.

Coma sempre, as comparsas tentaron acaparar as miradas do xurado, que valorou especialmente a orixinalidade dos disfraces, a coreografía, a escenografía, a elaboración do vestiario e a elaboración da carroza.

 

Momento no que a comparsa gañadora recibe o premio.

 

Así, unha vez rematado o desfile, diante do Concello e tras a votación do xurado, facíase entrega dos premios ás comparsas gañadoras. O primeiro, dotado de 600 euros era para a comparsa Campo da Feira; o segundo, de 300 euros era para a comparsa os Quirogüinos do Xeoparque; e o terceiro, de 200 euros levouno a comparsa Villarecicla. O resto dos grupos participantes recibía 100€. No caso de disfraces individuais estableceuse un único premio ao mellor disfrace de 60 €.

A xornada de Entroido remataba cun baile de disfraces amenizado pola charanga BB+ e o convite a chocolate con churros para todas as persoas que se achegaban a gozar da festa.

 

Unha das comparsas durante o desfile.

 

Fotos cedidas

 

Artigos relacionados

Back to top button