ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

“Quixen recoller o valor da tradición oral”

O etnógrafo José Rodríguez Cruz presentaba o seu novo libro “Contos e lendas arraianas” na Biblioteca de Verín

Ao calor dos torgos, ao pé da lareira, os avós contábanlle aos netos as historias que José Rodríguez Cruz, entógrafo natural da Gudiña, recolle no seu último libro “Contos e lendas arraianas” (Xerais, 2016). “Os contos forman parte da cultura e, de boca en boca, xeración tras xeración, son manifestacións artísticas da fantasía colectiva”, dicía a concelleira de Cultura de Verín, Emilia Somoza, na apertura da presentación deste volume na Biblioteca Municipal desta localidade na tarde do 1 de xullo.

Neste acto o autor estaba tamén acompañado polo investigador Xosé Lamela Bautista, “en calidade de amigo”, como el mesmo matizaba. Lamela destacaba que este traballo “é un compendio dalgo tan necesario como é a recuperación da cultura das lendas tradicionais. En Galicia facía falta este libro”. E chegaba a calificalo como “as mil e unha noites galegas”.

Pola súa banda, Rodríguez Cruz comentaba que esta colección de historias nace despois de case 40 anos de labor etnográfica pola zona da Raia. “Quixen recoller o valor da tradición oral, son textos transcritos de gravacións da xente do rural. Os contos que se contaban na lareira nas noites de inverno”. Tamén explicaba a estrutura do libro, con dúas partes ben diferenciadas, e un total de seis capítulos. Os textos compleméntanse coas ilustracións de Pilar Sevillano.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close