ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Radio Nacional emite en directo dende O Barco de Valdeorras

Hoxe o programa "Degustar España" de RNE5 presentado por Manuel Moraga estivo adicado ao Botelo

 

O presidente do C.R.D.O. Valdeorras José Manuel Pando, a cociñeira da Festa do Botelo Otilia Docampo e o alcalde do Barco Alfredo García, foron os convidados de hoxe, sábado 11 de xaneiro, no programa de RNE5 “Degustar España”. Un programa gastronómico que nesta ocasión estivo adicado ao botelo e a súa festa no Barco de Valdeorras.

O programa, de media hora de duración e presentado por Manuel Moraga, emitíase dende o Teatro Lauro Olmo onde os convidados falaron da programación desta XX edición da Festa do Botelo que se celebrará a vindeira fin de semana, así como dos ingredientes e elaboración do prato e por suposto dos viños de Valdeorras que maridarán co botelo, as patacas e o repolo.

Manuel Moraga é periodista freelance e experto en viños, director e presentador dende o 2018 do programa semanal de Radio Nacional no que se fala sobre a gastronomía no territorio español e o turismo. Unha boa promoción para a Festa do Botelo que este ano se achega ata a capital de España para espertar o gusto por este produto de cara a futuras accións en Madrid.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button