EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Rafael Cid será o pregoeiro da Feira do Viño de Monterrei

O periodista verinense, director de RNE e TVE en Galicia abrirá á XI edición da feira, o 12 de agosto na Alameda de Verín
O periodista verinense, Rafael Cid.
O periodista verinense, Rafael Cid.

O periodista Rafael Cid será o encargado de pronunciar o pregón desta edición da Feira do Vino da D.O. Monterrei, que arrancará o venres 12 de agosto ás 20 horas na Alameda de Verín, co posterior acto de inauguración do foro no que participarán diversas autoridades que percorrerán os stands das adegas participantes.

Unha vez finalizado o percorrido, a comitiva trasladarase ata a igrexa da Merced de Verín, para celebrar a cerimonia de imposición de medallas aos nuevos integrantes da Cofradía dos Viños de Monterrei, nun acto no que participarán máis dun cento de persoas.

O pregoeiro desta XI edición a feira será, ademáis, un dos novos cofrades da D.O de Monterrei xunto ao portal especializado Vinetur; o ex técnico da oficina agraria comarcal de Verín, Cástor Bermúdez; a viticultora María Dolores Fernández, falecida o ano pasado e o adegueiro Manuel Blanco, falecido en 2014.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button