OurenseÚltima hora

Rajoy, nas obras da alta velocidade en Ourense

O presidente do Goberno visitaba o tramo comprendido entre Lubián e Ourense o 19 de agosto
Un dos momentos da visita de Mariano Rajoy á provincia o 19 de agosto.
Un dos momentos da visita de Mariano Rajoy á provincia o 19 de agosto.

O 2018 será o ano no que se porá en funcionamento a conexión Madrid-Galicia de alta velocidade. Así se sinalaba durante a visita que o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, realizaba o 19 de agosto ás obras de conexión entre Madrid e Galicia na provincia de Ourense.

O presidente do Goberno, en Celanova.
O presidente do Goberno, en Celanova.

Rajoy, que estivo acompañado pola ministra de Fomento, Ana Pastor, entre outras autoridades, achegábase ao tramo comprendido entre Lubián (Zamora) e Ourense. No percorrido comprobaba os avances no túnel de Prado, que conta con dous tubos de 7,6 km, con 52m2 de sección libre e 4,4 m de radio cada un.

Despois, en Celanova, Rajoy atendía aos medios de comunicación no interior do Claustro de San Rosendo.

Artigos relacionados

Back to top button