PolíticaÚltima hora

Ramiro Rodríguez encabezará a lista do BNG ás municipais en Xinzo

A formación nacionalista vén de dar a coñecer os tres primeiros nomes da candidatura coa que se presentará ás eleccións locais do 2019 neste concello ourensán
As persoas que ocuparán os tres primeiros postos na lista do BNG na candidatura ás eleccións locais do 2019.

Os tres primeiros nomes da candidatura coa que o BNG de Xinzo de Limia concurrirá ás eleccións municipais de 2019 dábanse a coñecer o 19 de outubro. Estará encabezada por Ramiro Rodríguez, actual concelleiro e deputado provincial, o número dous será para Alba María Feixóo e o terceiro posto estará ocupado por Gabriel Rodríguez.

Ademais dende a formación nacionalista indícase que o resto da candidatura irá completándose “nos vindeiros meses, por tramos”, e será unha “lista cremalleira que integrará a figuras chave dos últimos anos, combinada cunha aposta clara pola xuventude e a renovación. A nosa intención é presentarlle aos veciños e veciñas de Xinzo unha equipa cohesionada, xunto cun programa ambicioso e realizábel que recolla as reivindicacións históricas que levamos reclamando dende hai décadas, actualizadas e postas ao día para reflectir a realidade actual do noso concello e dar resposta ás necesidades e demandas da veciñanza”.

O BNG de Xinzo cualifica de “transcendentais” estas eleccións “para o futuro inmediato do noso concello”. E sinala que o “modelo caduco e esgotado que representa o PP no seu conxunto amosa, no caso de Xinzo”.

 

Artigos relacionados

Back to top button