EntrevistasÚltima hora

Ramón Mirabet: “O Erasmus en París serviume para rachar un vidro que tiña e comezar a cantar na rúa”

Ramón Mirabet.

O artista catalán Ramón Mirabet e a súa banda chegan este sábado, 10 de xuño, ao Teatro Principal de Ourense para ofrecer un concerto onde tocará temas do se último disco “Home is where the heart is” (O fogar está onde está o corazón), entre outros. Naceu en Saint Feliu de Llobregat no 1984 (32 anos). Neto de artistas e fillo de músicos, atopou a súa faciana máis artística durante o seu Erasmus en París, onde tocaba nas rúas da cidade da luz. Tras iso, entrou nun concurso na televisión gala e agora, con dous discos xa no mercado, está de xira e esta parada na cidade das Burgas será a única que faga en Galicia. No Xornal O Sil falamos con el para debullar un pouco máis na súa faciana de cantante.

En que ou en quen te inspiras para facer a túa música?

O certo é que non son unha persoa que idolatre ou que teña artistas de referencia. É certo que hai cantantes que escoitei e teño cousas deles dentro. Se tivese que definir un estilo diría que vai dende o máis negro do gospel, blues ou jazz até o máis moderno de electrónica. Gústame moito a música, escoito moitos estilos de música e os teño dentro e é o que sae. Se teño que dicir algún, nestes dous discos hai inspiracións de xente como Ray Chals ou un folk máis branco.

Falando da posta de escena. Interesaríame saber como vai ser. Será algo máis intimista estilo café-concerto ou con máis caña?

A xente vai ver un concerto concerto. Hai moito tempo que non fago acústicos. Vamos a darlle caña e traia á xente.

Vas presentarlle ao público ourensán temas do teu último disco ou farás un repaso por todos os teus temas?

O último disco vai ao 100% e do primeiro disco tocaremos bastantes temas. Ao final, cando vou aos sitios, non é que vaia presentar o disco, e sobre todo nun sitio onde non fomos tocar nunca. En si, é deixarse levar e moitas veces facemos versións de rock antigo.

Fuches de Erasmus a París e aseguras que a túa estadía alí aportou moito á túa faciana artística. En que sentido?

A min sempre gustábame a música na rúa. De pequeno, cando ía cos meus pais e pasaba pola catedral de Barcelona e vía aos músicos sempre me intrigara moito. Ademais que veño de familia de músicos, estaba habituado a ver aos meus pais sobre un escenario e, de repente, ver a intérpretes que non estaban sobre un escenario senón que tocaban na rúa, sempre me inquedou. E claro, ao estar en París, que é a cidade bohemia por todos os recantos e, en especial, o barrio de Montmartre, cando rematei o curso en abril, decidín quedar até xullo en París e decidín rodearme deses artistas de rúa que estaban alí e, pouco a pouco, collendo confianza con eles e perdendo eu a vergoña, comecei a cantar e aí descubrín algo que non sabía que existía dentro de min, que era as ganas de cantar ante as persoas e na rúa. O Erasmus a min serviume para romper o cristal que tiña e cantar na rúa.

Pero ti xa cantabas antes.

Eu cantaba na casa e pechado na habitación. Para min era algo persoal e íntimo. A miña nai oírame cantar porque ás veces ela cantaba e eu facía segundas voces. Para min era algo moi persoal e non tiña a intención nin de saír nin compartilo coa xente. Nin o pensaba, era unha cousa miña.

Mirabet comezou nas rúas de París pero, dende pequeno, cantaba na intimidade do seu cuarto.

Dixeras que en outubro remataredes a xira deste disco. Tes en mente algún novo?

Teño ganas de rematar como deus manda este disco. Estou moi contento. Teño a cabeza posta nun terceiro disco que me axude a dar un paso adiante, e que tamén me axude a atoparme a min mesmo, porque ao final hai catro anos aínda estaba tocando na rúa. Teño ideas para o novo disco, estiven de viaxe hai pouco e tiven tempo para organizar a miña cabeza, e sei o que quero, pero aínda non teño nin o 5% do novo disco pensado.
Que agardas do público ourensán?

Gústame non pensar moito nos concertos que fago. Encántame sorprenderme e que cada concerto teña a súa propia alma. O que sei seguro é que vai ser un bo concerto e, ao final, o que eu sempre digo é que o concerto faino o público e por iso gústame non crearme expectativas e cada concerto é diferente e iso fai que sexa fantástico.

Texto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close