EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Raquel Díaz, ganadora do II Concurso de Fotografía da Ruta do Viño de Valdeorras

Ademais facíase co segundo premio Arsenio Blanco Gayoso e co terceiro Adolfo Fernández Docasar

Foto ganadora do concurso da autoría de Raquel Díaz.

 

O II Concurso de Fotografía da Asociación Ruta do Viño de Valdeorras “Ramón García” vén de facer públicos os nomes dos seus ganadores, “tras a deliberación do xurado que tivo lugar o luns día 5 de outubro”. Así a foto ganadora desta edición (1º premio Godello) é a presentada por Raquel Díaz Jiménez co título “Descanso e Viño”.

Ademais co segundo premio “Mencía” facíase Arsenio Blanco Gayoso co foto “Un grolo no camiño” e o terceiro premio “Garnacha” lográbao Adolfo Fernández Docasar coa instantánea “Camiño ou cubeto”. Nesta edición o concurso tiña como temática “O viño e o Camiño de Inverno”, debendo aparecer nas fotografías presentadas imaxes referidas á mesma.

Como na primeira edición deste concurso, a Ruta do Viño de Valdeorras realizará unha exposición, pero neste caso será no Centro Cultural Avenida na Rúa. “A súa data está pendente de concretar dadas as circunstacias actuais”, explican dende a asociación.

Artigos relacionados

Back to top button