DeportesÚltima hora

Raquel Lameiro (Adas), récord de España no triple salto

Esta atleta petinesa poñía a guinda á destacada actuación valdeorresa no campionato de España de veteranos de pista cuberta en Madrid

 

A atleta Raquel Lameiro durante unha competición./ Foto: Adas.

Cun rexistro de récord volta de Madrid a atleta petinesa Raquel Lameiro, do Club Adas Proinor. Era unha das integrantes do equipo valdeorrés que acudía ao campionato de España de veteranos de pista cuberta, celebrado do 10 ao 12 de marzo en Madrid.

Raquel Lameiro conseguía unha marca de 11.35 no seu último intento (11.19/11.11/X/11.08/11.26/11.35) na proba do Triple Salto F40, o que supoñía medalla de ouro e un récord. “Establecería un novo tope nacional mellorando os anteriores 10.89 de Rosa Escribano. Da mesma maneira a de Valdeorras acadaría o título en lonxitude con 4.99 m. que tamén representa un novo récord galego”, tal e como se destaca dende a Federación Galega de Atletismo (FGA).

En total esta cita nacional deixa tres ouros (os de Raquel Lameiro en triple e altura, e un de Mónica Yáñez no penathlon en W35), 5 pratas (Mónica Yañez en altura e 60 v en W35, Luis Campos nos 60 m M50, José M. Bao nos 60 m M60 e Luis Nogueira na lonxitude M60) e dous bronces (Iria Fernández nos 3.000 m W35) e José M. Bao nos 200 ml M60) nas vitrinas do club valdeorrés que califica de “incrible” o balance desta competición.

Artigos relacionados

Back to top button