PolíticaÚltima hora

Raquel Méndez, candidata socialista á alcaldía en Rubiá

Regresa á primeira liña tras non presentarse hai catro anos, pero si encabezar a lista hai dúas lexislaturas
Raquel Méndez encabezará a lista do PSdeG-PSOE en Rubiá.

 

A agrupación municipal socialista de Rubiá vén de elixir a Raquel Méndez Ramos como a súa candidata a alcaldía neste municipio valdeorrés. A nova candidata regresa á primeira liña tras non presentarse hai catro anos, pero si encabezar a lista hai dúas lexislaturas.

Méndez explica que se presenta a estes comicios porque “a veciñanza merece un futuro mellor no que non teña problemas cotiás graves como o que acontece no municipio co tema da auga”, e explica “Rubiá ten unha boa auga, pero que non se pode beber e en ocasións nin usar polos problemas de limpeza e hixiene que teñen os pozos. Levamos anos loitando e pedindo solucións ao concello”.

Ademais a cabeza de lista do PSdeG-PSOE considera que “temos un problema severo coa despoboación que está provocando que haxa aldeas dentro do concello que conten tan só con 2 ou 3 veciños. Hai que apostar pola xeración de emprego e por aproveitar os recursos do municipio coma o parque natural”. Tamén apunta que “loitaremos por mellorar a política de servizos sociais”.

Artigos relacionados

Back to top button