DeportesÚltima hora

Raúl e Alba, do Peña Trevinca Barco, no campionato de orientación de Pinares de Soria

Os deportistas valdeorreses representaban á Selección Galega no campionato de España de Remudas mixta
Raúl Nogueira (primeiro pola esquerda) e Alba Osorio (primeira pola dereita), do Club Peña Trevinca Barco.
Raúl Nogueira (primeiro pola esquerda) e Alba Osorio (primeira pola dereita), do Club Peña Trevinca Barco.

Máis de 1.300 deportistas de 15 países, incluída a vixente campiona e número 2 do ránking mundial, a danesa Ida Bobach, dábanse cita en Pinares de Sorria para participar no IV Trofeo Internacional de Orientación 5 Días de España que se celebrou entre o 2 e o 6 de xullo.

Tal como informan dende a Federación Galega de Orientacion de Ourense, entre os deportistas participantes neste evento formado por sete carreiras de orientacion pedestre, había varios ourensáns que quedaban ás portas do podio en varias probas. Raúl Nogueira e Alba Osorio do Club Peña Trevinda Barco, lograban o 5º posto en cadete no Campionato de España de Remudas mixta, modalidade sprint, representando á Selección Galega de Orientación.

Joao Morales Jiménez e Martín Morales Ferreiro da AD Limiactiva, conseguían o 4º posto no computo global do trofeo, en H12 (modalidades media e longa) e H35A (modalidade sprint), respectivamente.

Artigos relacionados

Back to top button