DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Raúl Rodríguez, do Atletismo Rúa, terceiro no I Cross de Ponferrada

Frío, neve e un circuíto complicado poñíanllo difícil aos participantes do I Cross de Ponferrada, o 14 de febreiro, que era ademais a derradeira cita do circuíto de cross do Bierzo. Sen embargo, a cita remataba cun podium con presenza valdeorresa xa que Raúl Rodríguez Ibarra (Atletismo Rúa) facíase co terceiro posto na súa categoría nesta proba, tras Alejandro Martínez Fernández (Club de Atletismo Unión Guadalajara) e Aaron Arias (C.A. Fisiorama).

“Con este cross, Raúl, pecha a tempada de campo a través, entredeixándonos ver que será unha gran tempada de pista, polo estado de forma que ten demostrado”, sinalan dende o Atletismo Rúa. Ademais, o seu compañeiro de club Iván Dosantos Luis lograba situarse no posto 18º senior, “un gran posto”, valoran dende o Atletismo Rúa.

Fotos: Club Atletismo Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close