ConcellosÚltima hora

Reabre a oficina de turismo da Veiga

Ofrecerá información sobre a multitude de recursos turísticos deste concello valdeorrés de alta montaña e tamén xestionará reservas para actividades como as visitas á Rede Etnográfica
Cántara da Moura, un dos lugares de interese turístico da Veiga./ Foto: Carlos G. Hervella
Cántara da Moura, un dos lugares de interese turístico da Veiga./ Foto: Carlos G. Hervella

Entre os meses de xuño e setembro a oficina de turismo da Veiga, situada na capitalidade deste concello valdeorrés, reabrirá as súas portas. “Ademais de facilitar información turística sobre o territorio, dende esta oficina poderán xestionarse as reservas para o Catamarán Santa María de Alberguería, o aluguer de piraguas, visitas á Rede Etnográfica e visitas guiadas para grupos”, segundo informa o alcalde veigués, Edesio Yáñez.

No caso do mes de xuño o horario desta oficina de turismo será de luns a venres de 9:00h. a 15:00h. As persoas interesadas en solicitar máis información poderán facelo a través do enderezo turismo.aveiga@gmail.com ou no 988 350130.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close