En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Reabre a praia fluvial do Malecón, tras os labores de acondicionamento

Dende principios de maio, a praia fluvial do Malecón situada baixo os parques infantís, estaba pechada ao público debido a labores de acondicionamento. Nela sementábase de novo o céspede e recentemente segábase para deixar lista a zona co fin de que poida ser un espazo de ocio e baño para os veciños.

Na mañá do 25 de xuño, tal e como anunciaba o pasado venres a concelleira de Xardíns, Cristina Domínguez; xa se tiñan retirado, por parte do Concello, os valados que impedían o acceso a esta praia dende hai case dous meses.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button