CulturaCulturaÚltima hora

Reabre o Museo Claustro Mercedario de Verín

Poderase visitar o novo panel interpretativo "As aves de Monterrei con nome propio"

O novo panel interpretativo “Aves de Monterrei con nome propio”. / Foto: cedida.

 

O Museo Claustro Mercedario de Verín abriu de novo as súas portas este mércores, 29 de xullo. O centro levaba pechado dende o inicio do estado da alarma e, a partir de agora, os veciños poderán volver a acudir ás exposicións.

A pesar da crise sanitaria, o museo continuou a súa labor divulgativa e o esforzo para a creación dunha identidade común na comarca de Verín. Destacan o deseño e instalación do panel interpretativo “As aves de Monterrei con nome propio” e diversas publicacións en redes sociais para dar a coñecer as pezas da exposición “A Lareira”.

 

Primeiros visitantes no museo. / Foto: cedida.

 

Para protexer a saúde dos seus visitantes, o aforo do museo queda limitado ao 50% e as persoas só poderán acudir conxuntamente se forman unha familia ou unidade de convivencia. Deberanse respectar tamén todas as medidas de distanciamento social con desinfección de mans e uso obrigatorio de mascarilla. O horario de visitas será o habitual: de mércores a sábado de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:00h e os domingos de 11:00 a 14:00.

Artigos relacionados

Back to top button