ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Reabre as súas portas unha renovada “Casa do Asistente” de Verín

Neste Albergue de Peregrinos vén de realizarse unha remodelación cun investimento de 142.000 euros

Cunha maior capacidade e unha remodelación a súa distribución interior vén de reabrir as súas portas, tras uns tres meses de obras, o Albergue de Peregrinos “Casa do Asistente” de Verín. O acto de entrega deste novo equipamento, en cuxa intervención se investiron 142.000 euros, tiña lugar na mañá do 22 de marzo coa presenza do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e do alcalde de Verín, Gerardo Seoane, entre outras autoridades.

Tras percorrer as instalacións deste albergue, situado na Casa do Escudo (no barrio de San Lázaro da vila), o vicepresidente da Xunta destacaba ante os medios de comunicación que Verín é unha das entradas do Camiño de Santiago en Galicia, xa que recibe aos peregrinos que veñen dende Portugal polo Camiño Portugués do interior.

Con este albergue e coa inmediata apertura do de Xinzo de Limia, complétase a infraestrutura de acollida aos peregrinos nesta variante sur da Vía da Prata que dispón asemade dos albergues de Viladerrei -no concello de Trasmirás- e o albergue de Sandiás. En total son 106 prazas de acollida as que ofrecen os albergues de peregrinos da Rede pública existentes nesta variante da Vía da Prata.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button