ConcellosManzanedaÚltima hora

Reabren as piscinas municipais de Manzaneda

 

Tras pechar días atrás como medida preventiva e cautelar ante o caso positivo de Covid-19 detectado na comarca das Terras de Trives, neste martes 21 de xullo reabrían as súas portas as piscinas municipais de Manzaneda, tal e como informa o alcalde, Amable Fernández.

Tamén se reabría o establecemento de hostalaría O Pendón desta mesma vila e poñense en marcha as actividades co campamento urbano “Concilia verán” (para nenos de 4 a 13 anos), programado ata o 28 de agosto.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button