ConcellosO BarcoÚltima hora

Reabren os parques infantís no Barco de Valdeorras

Parque infantil no paseo do Malecón, esta tarde. /Foto: A.R.

 

Despois de algo máis dun mes e medio pechados, os parques infantís do Barco están dende esta tarde, abertos.

As instalacións quedaban precintadas a finais do mes de setembro tralo rexistro  dos primeiros contaxios de Covid en centros escolares. “Aínda que se trata de espazos ao aire libre, os parques son lugares con alta concentración de nenos con contactos estreitos, cos que se poden producir contaxios”, explicaban nese momento dende o Concello, asegurando que a idea era manter o peche durante as seguintes dúas semanas, á espera da evolución desta situación.

Lonxe de mellorar, a situación foi empeorando nas seguintes semanas ata que a curva de contaxios comezou a descender e na tarde deste xoves 19 de novembro, aínda que todavía hai casos activos entre a poboación barquense, a situación mellorou considerablemente, permitindo a reapertura dos parques que se poden utilizar mantendo todas as medidas de seguridade vixentes.

 

Artigos relacionados

Back to top button