OurenseÚltima hora

Reábrese ao tráfico na fin de semana a rúa Marcelo Macías en sentido entrada a Ourense

 

Dende esta tarde e durante toda a fin de semana, ata o luns, estará aberta ao tráfico a rúa Marcelo Macías en sentido entrada da cidade de Ourense. Con esta decisión a Xunta busca “minimizar o impacto das obras de acondicionamento que se están a levar a cabo nesta rúa sobre os usuarios e os comerciantes da zona”, segundo informa a administración galega.

A actuación, que se iniciou o pasado 18 de agosto e que conta cun investimento de 1,7 millóns de euros, suporá unha mellora integral da rúa. Os traballos principais consisten na renovación do firme e dos servizos, así como na mellora das beirarrúas ao longo de 1,3 km, segundo informa a Xunta de Galicia.

A intervención aproveitarase para facer labores de mantemento no viaduto sobre o río Barbaña, que se dotará de iluminación singular e traballarase na accesibilidade peonil. Tamén, no referente aos servizos, se renovarán as redes de abastecemento, saneamento e as de alumeado.

Ademais a actuación inclúe o reforzo da seguridade viaria coa instalación de pasos de peóns con iluminación específica.

Artigos relacionados

Back to top button