SanidadeÚltima hora

Reactívase a Plataforma Sanitaria de Valdeorras

 

Despois de meses sen reunións, a Plataforma Sanitaria de Valdeorras celebraba unha asemblea na tarde do 27 de novembro no salón de plenos do Concello do Barco para abordar a complicada situación do Hospital Comarcal Valdeorras e tamén a necesidde de melloras na Atención Primaria no Distrito Sanitario de Valdeorras.

Ademais analizábase como canalizar o traballo desta entidade e as posibles accións a tomar para facer visibles as reivindicacións en materia sanitaria da zona. A primeira delas será asistir como plataforma á manifestación que está prevista en Verín na tarde do vindeiro 30 de novembro contra o peche do paritorio do seu hospital.

Despois, a Plataforma Sanitaria de Valdeorras volverá a reunirse en decembro para decidir a súa liña de traballo e as accións a levar a cabo.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close