OurenseÚltima hora

Reactívase o servizo de préstamo e devolución das Bibliotecas Públicas Municipais de Ourense

Os usuarios poderán recuperar este servizo a partires do vindeiro luns 15 de xuño

As Bibliotecas Públicas Municipais (BPM) de Ourense reactivan a partires do vindeiro luns 15 de xuño, o servizo de préstamo e devolución. O horario de atención ao público será de 9:00 a 14:00 h.

 

Unha biblioteca. Foto: Mónica G. Bellver.

 

Na BPM de San Francisco reactívase o servizo sen cita previa, mentres que nas da Carballeira e da Ponte, será precisa a cita, no teléfono 988 695 751. As devolucións faranse cando se recollan os libros, se se teñen reservados, na propia biblioteca ou nun caixón habilitado para devolucións na entrada do edificio.

Artigos relacionados

Back to top button