OurenseÚltima hora

Real Filharmonía de Galicia e Abe Rábade Trío, en Ourense

O concerto, previsto para o venres 1 de maio, forma parte do XIX Festival de Jazz de Primavera
Abe Rábade Trío nun concerto.
Abe Rábade Trío nun concerto.

A Real Filharmonía de Galicia actuará xunto a Abe Rábade Trío no XIX Festival de Jazz de Primavera de Ourense, interpretando conxuntamente a obra “Tránsitos” do pianista e compositor galego de jazz Abe Rábade. Será este venres 1 de maio no Auditorio Municipal da cidade, ás 22h.

Abe Rábade Trío está integrado, ademais de Abe Rábade ao piano, polo vitoriano Pablo Martín Caminero ao contrabaixo e o lisboeta Bruno Pedro á batería. Levará a batuta do concerto o director titular da RFG, Paul Daniel.

A obra que interpretarán en Ourense, pertence a unha serie de composicións titulada “Tránsitos”, na que o pianista concibiu un compendio de viaxes e na que cada un dos catro tránsitos mostra unha paisaxe diferente. Tal como salienta o compositor, “son poucas as ocasións na historia do jazz nas que obras concibidas, compostas e editadas para un trío de jazz son amañadas polo mesmo compositor para interpretalas xunto a unha orquestra sinfónica e co trío de jazz orixinal”.

Artigos relacionados

Back to top button