En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Realízanse tarefas de desinfección en diversos puntos do Barco

 

Arredor das 6:30h. deste sábado 21 de marzo operarios da empresa FCC comezaban a tratar no Barco aqueles entornos susceptibles de acumulación de persoas cunha solución de hipoclorito sódico (lixivía común, proporción 1:50). O tratamento realízase mediante mochilas pulverizadoras. Con estas medidas o Concdllo pretende aumentar as precaucións para tratar de reducir na medida do posible o impacto de propagación do COVID-19.

 

 

Estas tarefas realizábanse en lugares do casco urbano do Barco e Viloira, como son o entorno de supermercados e tendas de alimentación, o entorno de centros sanitarios, o entorno de residencias de maiores, o entorno de estancos, o entorno de farmacias, o entorno de oficinas de Correos, o entorno de centros de persoas con necesidades especiais, segundo a información do Concello

Nesta galería de imaxes poden verse diversos momentos desas tarefas de desinfección en zonas como a residencia da terceira idade, a oficina de Correos ou o Centro de Saúde.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button