Galerías de fotosÚltima hora

Reanúdase a búsqueda de Martín Albert Verfondern

O pasado 16 de marzo realizábase unha nova búsqueda de Martín Albert Verfondern, veciño da localidade de Santa Eulalia (Petín), desaparecido en xaneiro de 2010. Levouse a cabo no encoro de Santa Baia e nela empregáronse novos medios. Dende o Instituto de Medicina Legal de Galicia contactouse coa empresa Condor Xeorradar, que se prestou a colaborar de forma desinteresada. Por iso, coa autorización do Xulgado de Instrucción número dous do Barco, realizáronse varios labores de búsqueda coa participación da Unidade Aérea da Garda Civil da Coruña, un equipo do GEAS da Garda Civil da Coruña, persoal da Unidade Orgánica de Policía Xudicial de Ourense e efectivos do Cuartel da Garda Civil da Rúa, así como efectivos do Seprona e do Equipo de Rescate de Montaña da Garda Civil de Trives.

Estes labores prevían sobrevoar a zona cunha cámara térmica e que a zodiac percorrese o encoro de Santa Baia cun sonar de barrido lateral e cámara submarina. Con estas tecnoloxías pretendíase detectar o vehículo do desaparecido, sen embargo os resultados da búsqueda foron negativos.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button