OurenseÚltima hora

“Reboiras. Acción e Corazón” proxectaráse en Ourense o 26 de agosto

A sesión será na Casa da Cultura, con pases ás 18:00h e ás 20:00h

Fotograma da película.

 

A Fundación Terra e Tempo en colaboración co Cineclube Padre Feijóo presentan en Ourense o filme de Alberte Mera “Reboiras. Acción e Corazón”. A sesión será o vindeiro 26 de agosto na Casa da Cultura (antiga biblioteca municipal) en dous pases, un ás 18:00h e outro ás 21:00h. A entrada pódese adquirir xa no Café Cultural Auriense de 18:00h a 23:00h por un prezo de 4,50€.

Narra a historia da última vítima mortal da ditadura franquista, Xosé Ramón Reboiras Noia, asesinado o 12 de agosto de 1975. O filme reconstrúe a súa traxetoria e pensamento a través de 29 entrevistas de testemuñas que compartiron con él diversas etapas da vida. Tamén recolle filmacións históricas e de arquivo.

 

Artigos relacionados

Back to top button