ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Recepción aos Reis Magos no Concello de Viana do Bolo

 

Arredor das catro desta tarde de 5 de xaneiro chegaban a Viana do Bolos os Reis Magos. Eran recibidos polo alcalde e pola tenente de alcalde no salón de actos do Concello, onde tras o saúdo do rexedor vianés, Abelardo Carballo, Melchor agradecía a acollida e dirixíase aos máis pequenos que podían seguir as súas palabras a través da canle municipal de Youtube.

Despois, as súas Maxestades iniciaban unha viaxe polas aldeas para visitar a nenos que viven nelas e ás 19 horas achegaranse á vila de Viana do Bolo nun desfile especial. Dende o Concello aconséllase aos cativos que miren “polas fiestras, polos balcóns, ou que permanezan diante da porta da casa para saudar e gozar da maxia da presenza dos Reis Magos”.

Artigos relacionados

Back to top button