EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Recepción no Concello da Rúa da delegación xaponesa que está facendo o Camiño de Inverno

A terceira etapa da peregrinación comezaba en Puente de Domingo Flórez e remataba na localidade valdedorresa

Despois de ser recibidos no Barco pola concelleira de Turismo Irene Dacal e polo alcalde de Vilamartín de Valdeorras Enrique Álvarez, a delegación xaponesa que está facendo o Camiño de Inverno, partía rumbo ao final da terceira etapa, A Rúa, acompañados por Enrique.

Alí, na tarde do 30 de maio eran recibidos por membros da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras, entre eles a presidenta Asunción Arias e o presidente honorífico e fundador da asociación Ramón García, sumándose ao resto de Asociacións que están a acompañar ao grupo nipón.

Unha vez no Concello os peregrinos foron recibidos polo alcalde Luis Fernández Gudiña, quen lles explicou parte da historia da localidade valdeorresa a través de fotos antigas expostas no edificio. Despois de entregarlles publicacións sobre Valdeorras e o propio Camiño de Inverno, cada un dos camiñantes asinaba no libro de visitas do Concello antes de coller rumbo á Adega A Nosa Capeliña en Fontei, onde compartiron unha merenda a base produtos típicos, entre eles un bo viño de Valdeorras.

Hoxe, membros da asociacion camiñan con eles ata Quiroga onde serán recibidos pola tarde no albergue municipal polo alcalde Julio Álvarez e polo concelleiro de Cultura José Luis Rivera.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button