OurenseÚltima hora

Recepción no Mosteiro de San Clodio dos vehículos clásicos participantes no “Encontro no Ribeiro”

 

Unha vintena de automóbiles clásicos (dos anos 20, 30, 40, 50 e 60) recalaban na mañá deste 5 de setembro no Mosteiro de San Clodio, en Leiro. Alí eran recibidos polo presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Juan Manuel Casares Gándara.

Este vehículos históricos están a participar no ‘Encontro no Ribeiro’, un evento organizado polo Club Coruña Veteran Car e que se leva desenvolvendo dende o venres, dentro das Xornadas Europeas de Patrimonio que celebra a FEVA (Federación Española de Vehículos Antiguos).

O evento percorreu, entre outras, distintas localizacións dos concellos de Arnoia, Cenlle e Leiro incluindo unha parada para visitar de primeira man unha adega da Denominación de Orixe Ribeiro e probar os seus viños.

Club Coruña Veteran Car

Trátase dunha asociación de amantes dos automóbiles históricos, fundada na cidade de A Coruña no ano 1999, coa finalidade de aglutinar aos amantes dos coches clásicos e históricos. Organizan o Rallye Teresa Herrera de Automóviles Históricos, así como outras actividades coa fin de animar á conservación e divulgación dos coches clásicos e históricos.

Artigos relacionados

Back to top button