ConcellosÚltima hora

Reciclar ten premio no Barco

Manuela Corral gaña o primeiro dos vales que se sortearán na campaña de recollida de aceite doméstico usado

Asfavalaceite

Na mañá do 1 de xullo, as instalacións de Asfaval con sede na urbanización Las Huertas de O Barco de Valdeorras, acollían o primeiro sorteo dun vale de 50 euros da campaña de recollida de aceite doméstico usado organizado polo Concello do Barco en colaboración con Asfaval, que se encarga da recollida das botellas do aceite usado que a xente deposita en contenedores colocados para tal fin nos diferentes supermercados da vila que tamén colaboran coa iniciativa.

A gañadora dos primeiros 50 euros para canxear no supermercado Claudio foi Manuela Corral.

Dende Asfaval aseguran que a campaña está tendo moi boa acollida, adiantando que cada mes realizarase un sorteo ata completar a totalidade de supermercados participantes (nos que se r, é dicir ata xaneiro ou febreiro de 2015.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button