EconomíaEconomíaÚltima hora

Recital de delicias na V Ruta de Pinchos do Barco

A oferta culinaria deste roteiro, que terá lugar do 15 ao 25 de xaneiro, presentábase na Praza de Abastos da vila
Imaxe dos vinte pinchos que poderán degustarse nesta ruta do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
Imaxe dos vinte pinchos que poderán degustarse nesta ruta do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Vinte suxerentes e saborosos pinchos que mesturan o tradicional coa innovación. É a carta de presentación da V Ruta de Pinchos “O Barco de Vai de Viños”. E así se demostraba no acto celebrado na mañá do 14 de xaneiro na Praza de Abastos do Barco. Nela amosábanse as vinte propostas que poderán degustarse entre o 15 e o 25 de xaneiro no marco desta singular ruta gastronómica, promovida pola Asociación Empresarial de Valdeorras (Aeva), O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) e o Concello do Barco.

O presidente do Barco CCA, Ángel Álvarez, e a concelleira de Comercio e Turismo, Irene Dacal, na presentación./ Foto: Carlos G. Hervella.
O presidente do Barco CCA, Ángel Álvarez, e a concelleira de Comercio e Turismo, Irene Dacal, na presentación./ Foto: Carlos G. Hervella.

A oferta de pinchos será a seguinte:

– Bar El Timón: Roliño de polo en salsa “Coca-Cola”.

– Café Ambigú: Solombo en salsa con pataca “Panadera”.

– Cafetería Olimpo: Secreto de porco con cebola caramelizada e crema de cogomelo.

– Bar A Cova: Crocante de pulpo á feira con mousse de pataca.

– Tapería Al Natural: Brocheta de polo con guarnición de inverno e salsa.

– Vinum: Ovos Alfredo.

– Taberna O Buraco: Leite frito salado de outono.

– Bar Movimiento Racing: Callos con arroz.

– Bar Habana: Espeto de chourizo criollo en cama de verduras con salsa mostaza e cóctel.

– Café Bar Lisboa: Estufado de luras con delicia de arroz.

– Cafetería Restaurante Fernando III: Tosta crocante de paella con gratinado de queixo.

– Café Bar O Paseo: Chipiróns recheos á salsa de vieira e rolo de carne recheo con crema de pementa.

– La Pampa: Tosta de lacón con tetilla gratinada con pementón.

– Piquiño Restaurante: Pincho Piquiño.

– Agarimo: Solombo con cogomelos, cebola caramelizada e crema de grelos.

– Bar El Parque: Bacallau á vizcaína.

– Nobuk Café: Albóndegas da casa.

– Bar Río Galir: A orella que enche un chipirón, con pataca e con salsa de pemento.

– A Roda: Picapollo.

– Bar O Xugo: Pataca rechea de cogomelos e luras ao queixo Valdeón.

Ao acto de presentación acudían tamén algúns dos hostaleiros participantes na ruta./ Foto: Carlos G. Hervella.
Ao acto de presentación acudían tamén algúns dos hostaleiros participantes na ruta./ Foto: Carlos G. Hervella.

A idea é manter a dinámica da ruta seguida en anteriores edicións, é dicir, con cada consumición aos clientes do local daráselles a posibilidade de degustar o chamado “pincho estrela” a un prezo de 1,5 euros. “Poderá atoparse en todos os establecementos participantes un mapa de O Barco dividido en 3 zonas, denominadas co nome das variedades de uva da comarca (godello, mencía e dona branca). Este folleto, ademais da localización dos establecementos, inclúe unha foto de cada un dos pinchos, a súa denominación, o horario durante o que se ofrecen e, no seu caso, o día de peche do establecemento”, tal e como explicaba Ángel Álvarez, representante de hostalaría en Aeva e presidente do CCA, no acto de presentación, no que estivo acompañado pola concelleira de Promoción Económica, Turismo e Comercio de O Barco, Irene Dacal.

Un dos momentos da presentación na Praza de Abastos do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
Un dos momentos da presentación na Praza de Abastos do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Nese mesmo díptico incluírase un apartado que se poderá ir selando cada vez que se visite un dos locais da ruta e tras consumir o seu pincho. Así co fin de animar aos barquenses e visitantes a completar as tres zonas da ruta haberá, como en anteriores anos, premios: catro ceas para catro parellas. Serán doadas polas empresas Exclusivas Morales, Distribuciones Anger Valdeorras, Distribuciones Roca e Adegas D’Berna.

O feito de selar este folleto nun mínimo de 5 establecementos (un polo menos de cada unha das tres zonas da ruta) permitiralle aos clientes optar a catro ceas para catro parellas. “O boleto de participación tera que levar os datos persoais do cliente (nome e teléfono) e depositarase nunha urna instalada na planta baixa do Concello Vello do Barco ata o 27 de xaneiro ás 14:30h.”, segundo se establece nas bases.

Esta V Ruta de Pinchos do Barco prolongarase, como o pasado ano, ao longo duns dez días e o seu remate coincidirá asemade coa Festa do Botelo na voña, que nesta edición estreará a súa distinción como celebración de interese turístico galego. Nesa fin de semana haberá cinco restaurantes do Barco (dous máis que no 2014) nos que se poderá degustar este emblemático embutido valdeorrés. Así o botelo formará parte das cartas do Agarimo, da Cafetería Restaurante Fernando III, do Restaurante Santa Ángela, a Tapería Al Natural e Mesón Vila do Castro.

 

Texto: Ángeles Rodríguez

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Un dos postos da Praza de Abastos do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
Un dos postos da Praza de Abastos do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
O acto de presentación lugar na Praza de Abastos do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
O acto de presentación lugar na Praza de Abastos do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
Foto: Carlos G. Hervella.
Foto: Carlos G. Hervella.
Foto: Carlos G. Hervella.
Foto: Carlos G. Hervella.
Foto: Carlos G. Hervella.
Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button