ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Recital de obras de Casares e xogos en Viana polas Letras Galegas

A praza Maior de Viana do Bolo convertíase o 17 de maio en escenario principal dos actos conmorativos do Día das Letras Galegas, desta volta adicadas a Carlos Casares, quen foi veciño da vila e profesor no IES que hoxe leva o seu nome.

As actividades comezaban pola mañá cunha homenaxe ao escritor coa lectura e exposición das súas obras: novelas, libros de relatos, ensaios ou literatura infantil. Despois os nenos participantes os nenos levaban como agasallo os libros que acaban de ler. Despois, a partires das cinco da tarde, e nese mesmo lugar, desenvolvíase unha xornada de xogos populares en familia.

Fotos: Carlos G. Hervella, agás as dúas primeiras que son cedidas polo Concello de Viana.

Artigos relacionados

Back to top button