CulturaMúsicaÚltima hora

Recital de panxoliñas na igrexa de Vilanova (O Barco), o 2 de xaneiro

O acto está organizado pola Asociación Cultural O Mosteiro e correrá a cargo da Coral Municipal de Vilamartín
Directiva da Asociación Cultural O Mosteiro de Vilanova. /Foto: Carlos G. Hervella.
Directiva da Asociación Cultural O Mosteiro de Vilanova. /Foto: Carlos G. Hervella.

A comezos de outubro de 2014, a nova directiva da Asociación Cultural O Mosteiro de Vilanova (O Barco) presentábase ante os socios, asegurando que a primeira actividade que organizarían sería o magosto (no mes de novembro), e xa a partires de xaneiro do 2015, “comezaremos a perfilar o programa que levaremos a cabo ao longo do ano, seguindo a liña da anterior directiva, mantendo moitas cousas que estaban moi ben e despois miraremos a ver que cousas se poden facer para animar á xente” en palabras da vicepresidenta, Antonia Prada.

A iniciativa non se fixo esperar e nada máis comezar o ano, xa teñen a primeira actividade. Será o vindeiro venres 2 de xaneiro, en plenas festas navideñas, e consistirá nun recital de panxoliñas a cargo da Coral Municipal de Vilamartín. A cita será na igrexa de Vilanova a partires das 17h.

Artigos relacionados

Back to top button